Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Fundamentar con coñecementos teóricos unha práctica axeitada, coherente e correcta en lingua galega. A1
A2
A4
B5
B7
C6
C21
D5
D8
Saber desenvolverse con soltura en galego estándar tanto de forma escrita coma oral. A1
A2
A4
B5
B7
C6
C21
D5
D8
Practicar a lectura. Analizar un texto literario. Ler para aprender a apreciar valores universais coma a beleza, a bondade, a xustiza ou a solidariedade. Ler para detectar a súa ausencia. Ler para entender o lugar que habitamos. Ler para comprender e respectar as posicións alleas, para ter en conta os outros. Ler para poder razoar criticamente e saber responder aos retos da civilización actual. Ler e escribir para favorecer a expresión dun pensamento crítico, independente, orixinal e tolerante. A4
B7
C2
D7
D8
Analizar a comunicación audiovisual dende unha perspectiva lingüística. Visionar e analizar textos de ficción audiovisual nas súas partes constitutivas. Identificar os seus recursos, elementos e procedementos estruturais. B7
C6
C8
C22
D5
D6
Aprender a construír textos satisfactorios no contexto profesional da comunicación audiovisual. Saber como sintetizar textos longos, expandir textos breves ou reescribir calquera texto noutra tipoloxía textual diferente. Atender á linguaxe empregada, ós medios e canles escollidos, e ó destinatario. A4
B7
C6
C8
Aprender a planificar, organizar e redactar diversos tipos de textos e documentos relacionados co ámbito académico. A adaptar o código as características e calidades deses textos (adecuación, coherencia, cohesión, gramaticalidade, intertextualidade). A2
A4
B5
C6
D2
Aprender a expoñer de forma axeitada os resultados de traballos académicos de xeito oral ou servíndose de medios audiovisuais ou informáticos. A4
B5
B7
Aprender a valorar as linguas e as culturas que vehiculan e a saber apreciar a orixinalidade con que cada unha delas proxecta a súa visión do mundo. C6
D7
D8
Analizar e valorar criticamente exemplos de expresión oral e escrita en galego. Asegurar o emprego axeitado dos recursos da lingua galega promovendo a autonomía do alumno para producir e corrixir diversos tipos de textos orais e escritos. A2
C6
D5
Aprender a colaborar en actividades de grupo a través da comunicación oral e escrita das ideas propias e a ser comprensivo e receptivo ás ideas alleas. C32
D2
Ser capaces de interpretar o ámbito económico, social, político, tecnolóxico e comunicativo a través do discurso lingüístico. Saber apreciar a diversidade cultural e artística e ser sensible ás repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos. A2
B6
C32
D7
D8
Aprender a argumentar e discutir ideas, individualmente ou en grupo, mantendo puntos de vista pertinentes sobre temas xerais ou especializados. A3
B5
C6
D2
Saber interpretar o ámbito humano e comunitario galego atendendo á súa identidade e valores. Ser quen de mostrar empatía con medio onde se desenvolve a comunicación e de cuestionar prexuízos e falsos axiomas lingüísticos. D7
D8
Aprender a asumir os riscos da comunicación. Aprender a ser ousados na expresión e no tratamento. Aprender a necesidade de usar o galego tanto nos ámbitos tradicionais da comunicacion como nos novos espazos tecnolóxicos co fin de conservar o espírito comunitario e facer avanzar a cultura da comunidade en que vivimos. A4
C6
D1
D3
D4
D7
Ser capaces de entender todo tipo de textos e de interpretar produtos audiovisuais, de apreciar as diferenzas estéticas entre eles e de formular razoamentos críticos sobre eles. A4
B7
C2
D7
Valorar criticamente textos e discursos. Reflexionar sobre a lingua e a cultura audiovisual galegas, e sobre o papel que ambas xogan na Galicia contemporánea. A3
B7
C8
D8
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000