Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Xestión de espazos protexidos e biodiversidade
   Contidos
Tema Subtema
1. A Ciencia da Conservación. Oríxenes e breve historia dos movementos conservacionistas. Principios da bioloxía da conservación. Ecoloxía e ecoloxismo. Importancia da ciencia na conservación.
2. Valores e funcións ecolóxicas da biodiversidade. Diversidade xenética, específica e ecosistémica: o concepto de biodiversidade. ¿Por que se deben conserva-las especies? O valor intrínseco das especies e o seu estatus de conservación. Os valores instrumentais e a rareza das especies. Os valores ecosistémicos.
3. Biodiversidade e estabilidade. O concepto de estabilidade. O debate diversidade-estabilidade (a historia da controversia, estudios actuais, compartimentación, diversidade e cambio global, implicacións para a bioloxía da conservación). Retrogresión.
4. Principios ecolóxicos na explotación de recursos naturais. Concepto de rendemento óptimo. Principios para a explotación das poboacións. Cambios xenéticos nas poboacións explotadas. A explotación dos bosques. Certificación forestal (FSC, PEFC).
5. A extinción. Número de especies que habitan o planeta. Causas da rareza das especies. Clasificación IUCN. Estimación da taxa de extinción. Procesos e causas de extinción. Degradación e destrucción de hábitats. Dinámica metapoboacional. Análise de viabilidade de poboacións (PVA).
6. Xestión de especies e poboacións. Unidades de xestión. Conservación in situ e ex situ. Recursos escasos. Control das ameazas. Traslados e cría artificial. O papel dos zoolóxicos, xardíns botánicos e museos. Importancia da etoloxía na conservación. Caso práctico: o exemplo do furón de patas negras.
7. Xestión e restauración de ecosistemas. Principios da xestión de ecosistemas. Ecosistemas modificados (explotación forestal, ecosistemas agropecuarios, ecosistemas acuáticos). Restauración de ecosistemas.
8. Os factores sociais na conservación. Descrición de valores. Valoración de prioridades. Os cambios culturais. A educación ambiental. Estratexia galega de educación ambiental.
9. A economía da conservación. Valoración económica da diversidade biolóxica (tipos de sostibilidade, modelos de decisión en economía ecolóxica, o valor da biodiversidade). Custes da conservación (método do custe da viaxe, método das preferencias reveladas, unha perspectiva ecolóxica e económica do mercado). A traxedia dos bens comunais.
10. Acción política e conservación. Organizacións internacionais (UICN, o programa MaB). Axencias do governo: A estratexia española de desenvolvemento sostible. Estratexia española para a conservación da biodiversidade. As organizacións non governamentais (ONGs). Empresas e individuos. Investigación científica, política e conservación. O ecoloxismo coma ideoloxía política.
11. Deseño de reservas e parques protexidos. Obxectivos da creación de reservas (o problema da fragmentación). Representación da biodiversidade. Características cruciais do deseño de reservas: tamaño, dinámica, contexto espacial, conectividade, zonas de amortiguación. Espacios Naturais protexidos de Galicia.
12. Xestión de Espazos Protexidos Estrutura da xestión: órgano reitor, órgano colaborador e órgano xestor. Recursos humanos. Recursos financeiros. Marco legal da xestión: lexislación internacional, nacional e autonómica. Zonificación e os seus instrumentos (PORN, PRUX).
13. Os plans de xestión de especies ameazadas. Directrices, obxectivos e viabilidade. Exemplos: o plan de recuperación do sapoconcho europeo (Emys orbicularis) en Galicia; Plan de xestión das poboacións de libeliñas (Odonatos) de interese europeo; Bioloxía reproductiva e xestión da camariña (Corema album) nas Illas Cíes.
Práctica 1. Deseño de reservas: posta a proba da relación especies-área. Empregando un programa de simulación, estimación da relación especies/área e dos efectos diana e rescate.
Práctica 2. Principios taxonómicos e características das comunidades. O seu uso no proceso de toma de decisións sobre conservación. Mediante mostras simuladas de coleópteros de tres illas, estabrecemento de prioridades de conservación baseándose no concepto morfolóxico de especie
Práctica 3. Debate sobre a pesca comercial nun Parque Nacional. Mediante un xogo de rol exporanse as diferentes posturas sobre a pesca e a conservación nun parque nacional, empregando información do P.N. das Illas Atlánticas de Galicia e do P.N. das illas Galápagos
Práctica 4. Análise de viabilidade de poboacións mediante o programa VORTEX. Simulación de estratexias de xestión de poboacións ameazadas.
Práctica 5. Saída de campo. Visita ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia en Coles (Ourense) Estudio dos sistemas de conservación de xermoplasma de razas autóctonas de gando.
Práctica 6. Saída de campo. Visita ao Parque Natural das Fragas do Eume. Toma de contacto coa xestión real dunha área protexida, coas suas características e problemas específicos.
Práctica 7. Saída de campo. Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Illa de Cortegada. Vistas as particularidades do Parque, coa súa insularidade, a visita será ao centro de recepción de visitantes en Vigo, se as condicións loxísticas e climáticas así o aconsellan.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000