Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Xestión de espazos protexidos e biodiversidade
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe de coñecemento e comprensión R1 Coñecemento e comprensión dos principios científicos e matemáticos que subxacen á súa rama de enxeñaría . Resultados de aprendizaxe de Análise en enxeñaría. R7 A capacidade e de elixir e aplicar métodos analíticos e de modelización relevantes. Resultados de aprendizaxe de Proxectos de Enxeñaría. R8 A capacidade de aplicar os seus coñecementos para desenvolver e levar a cabo proxectos que cumpran uns requisitos específicos. Resultados de aprendizaxe de Investigación e Innovación. R10 A capacidade de realizar procuras bibliográficas, utilizar bases de datos e outras fontes de información. R11 A capacidade de deseñar e realizar experimentos, interpretar os datos e sacar conclusións. Resultados de aprendizaxe de Aplicación Práctica da Enxeñaría R14 A capacidade de combinar a teoría e a práctica para resolver problemas de enxeñaría . R15 A comprensión de métodos e técnicas aplicables e as súas limitacións. Resultados de aprendizaxe de Competencias Transversais R17 Funcionar de forma efectiva tanto de forma individual como en equipo. R18 Utilizar distintos métodos para comunicarse de forma efectiva coa comunidade de enxeñeiros e coa sociedade en xeral . R19 Demostrar conciencia sobre a responsabilidade da aplicación práctica da enxeñaría, o impacto social e ambiental, e compromiso coa ética profesional, responsabilidade e normas da aplicación práctica da enxeñaría. R20 Demostrar conciencia das prácticas empresariais e de xestión de proxectos , así como a xestión e o control de riscos , e entender as súas limitacións. R21 Recoñecer a necesidade e ter a capacidade para desenvolver voluntariamente a aprendizaxe continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000