Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Organización industrial e procesos na industria da madeira
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Participación activa no debate que se expoña na aula/campus remoto sobre os conceptos teóricos. Tamén se valorará a participación nos foros que se habiliten na plataforma FaiTIC 10 CE30
CE31
Traballo tutelado Participación activa nos seminarios de resolución de exercicios e de casos/análises de situacións, con críticas construtivas ás resolucións doutros compañeiros e entrega en tempo e forma dos traballos encomendados. 5 CE30
CE31
Saídas de estudo Presentación dunha memoria das visitas realizadas. No caso de docencia non presencial ou semi-presencial, avaliarase memoria de observación de material didáctico en forma de vídeos de procesos industriais de carpintaría e moble. 5 CE30
CE31
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Algunhas probas serán planificadas ao longo do curso e serán entregadas a través da plataforma de Teledocencia 80 CE30
CE31
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas de entrega das distintas actividades serán comunicadas con suficiente antelación para que o alumnado poida planificar a súa realización

DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS:

As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro, son as seguintes: 

Primeira convocatoria: 15 de xaneiro de 2021, 16:00 horas.

Segunda convocatoria: 2 de xullo de 2021, 16:00 horas.

A publicación das notas provisionais farase na Secretaría Virtual e na plataforma de  Teledocencia, e se é posible no taboleiro do centro

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000