Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Patoloxía e pragas forestais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito ou oral.- O alumnado debe responder a diferentes cuestións para demostrar os seus coñecementos sobre conceptos teóricos. Constará de preguntas de reposta curta, como definicións, e outras de resposta longa. 40 B1
C34
D4
Prácticas de laboratorio Avaliación continua das actividades desenvolvidas nas prácticas, así como da entrega dunha memoria ou informe das prácticas. Entrega de exemplares con signos ou síntomas de patoloxía ou pragas. Exame práctico que o alumnado debe realizar ao final do curso.
É obligación do alumnado a asistencia a totalidade das prácticas.
40 C34
D4
Traballo tutelado Exposición por parte do alumnado dun dos temas do programa ou tema libre relacionado coa asignatura. Antes da exposición, entregará un resumo do mesmo. O resumo debe ceñirse as normas publicadas no moovi. 20 B3
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É obligación do alumnado a asistencia as clases teóricas e prácticas. A avaliación continua farase segundo as metodoloxías e probas expostas:

 -Avaliaranse os coñecementos teóricos da materia mediante un exame escrito ou oral, cun peso do 40% na nota global

-Avaliaranse os coñecementos prácticos de laboratorio e os adquiridos nas saídas de campo cun exame escrito no que deberán contestar preguntas curtas e identificar, mediante foto: síntomas e signos de patoloxías e pragas forestais. O alumnado tamén terá que  presentar unha memoria ou informe de actividades realizadas nas prácticas de laboratorio e de campo, cun peso do 40% na nota global.

-Avaliarase a capacidade de séntese entregando un resumo do tema a expoñer que terá que seguir as normas publicadas en moovi e a capacidade de expresarse de forma académica expoñendo dito tema ao resto do alumnado, cun peso do 20%  na nota global. avaliaranse os coñecementos a través do exame práctico, cun peso do 10% na nota global.

Será imprescindible superar cada unha das 3 partes independentemente antes de facer a media da nota final.

A avaliación global farase mediante 2 probas escritas (unha teórica e outra práctica) cun peso do 70% e 30% respectivamente.

Datas dos exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000