Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Lexislación e certificación forestal
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
B2 Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo as paisaxes.
B10 Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio, así como os criterios e indicadores da xestión forestal sustentable no marco dos procedementos de certificación forestal.
C25 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: lexislación e certificación forestal; socioloxía e política forestal.
D4 Sostenibilidade e compromiso ambiental
D5 Capacidade para a xestión da información, análise e síntese
D6 Capacidade de organización e planificación
D8 Capacidade para resolver problemas, razoamento crítico e toma de decisións
D9 Capacidade de traballo en equipo, habilidades en relacións interpersoais e liderado.
D10 Aprendizaxe autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000