Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Proxectos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación Constituirá o desenvolvemento inicial da materia, non limitándose a meras exposicións por parte do profesor, senón facéndoas de carácter marcadamente participativo.
As competencias que van dende a CG-35 ata CG-42 serán tratadas nas presentacións e exposicións.Así como a competencia CE-22 e as de tipo CT.
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumno por si só ou en grupos de dúas persoas deberá de elaborar e redactar un anteproxecto técnico, o que constituirá o eixe central da materia, en función dos coñecementos que se vaian adquirindo nas clases teóricas. Este traballo terá carácter semiprofesional e preferentemente será realizado sobre un caso real.
As competencias que van dende a CG-35 ata CG-42 serán tratadas no desenvolvemento do proxeto.Así como a competencia CE-22 e as de tipo CT.
Foros de discusión Procurarase concerta periodicidade traer ás aulas un profesional ou especialista de recoñecido prestixio en temas específicos relacionados coa materia, que sirva para afondar no detalle, enriquecer e debater o contido específico do tema exposto.
As competencias CT-3; CT-8; CT-9 e CT11 serán tratadas nos foros de discusión.
Debate Desenvolveranse actividades de grupos que traten de representar a esferas de actividade intervinientes en procesos de concepción, promoción, decisión e desenvolvemento de iniciativas profesionais. Así mesmo, estudaranse características de funcionamento de grupos de traballo multidisciplinares e de dirección de reunións.
As competencias CT-3; CT-8; CT-9 e CT-11 serán tratadas nos debates.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000