Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Construcións forestais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Ao longo do curso realizaranse traballos ou pequenos proxectos nos que se abordarán exercicios e casos de estudo que complementen as sesións prácticas. Servirán para verificar a adquisición das competencias CE-18, CG7, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9 y CT10. 15
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse catro probas ao longo do curso para fixar os coñecementos adquiridos e así verificar la adquisición das competencias CE-18 y CG9. 10
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame evaluatorio final de verificación da adquisición das competencias CE-18, CG7, CG9, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8,CT9, CT10. 75
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas de avaliación correspondentes a "Traballos e proxectos",
así como "Probas tipo test" enmarcanse dentro das probas de avaliación continua da materia, onde o peso sobre o total da
materia supón o 25%. Todos os alumnos deberán realizar un "Exame
final", cun peso sobre a avaliación global do 75%. Será necesario
acadar unha nota mínima no examen de 4.5 puntos sobre 10, para que
se sume a nota de avaliación continua. O alumno deberá obtener unha
nota final igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia.

Aqueles alumnos que oficialmente
renuncien á avaliación continua, serán avaliados nun único Exame
evaluatorio final, supoñendo neste caso o 100% da puntuación. A renuncia á avaliación continua realizarase dentro do primeiro mes natural dende o comezo oficial do curso académico mediante solicitude escrita ao coordinador da materia, e acompañada do xustificante que motive a renuncia á avaliación continua. A renuncia á avaliación continua somentes se concederá nos casos de incompatibilidade laboral, por enfermidade, ou causa debidamente xustificada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000