Guia docente 2017_18
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Construcións forestais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Ao longo do curso realizaranse traballos ou pequenos proxectos nos que se abordarán exercicios e casos de estudo que complementen as sesións prácticas. 15 C18
Probas de tipo test Realizaranse dúas probas ao longo do curso para fixar os coñecementos adquiridos 10 C18
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Examen evaluatorio final de verificación de adquisición das competencias específicas
75 C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas de avaliación correspondentes a "Traballos e proxectos",
así como "Probas tipo test" enmarcanse dentro das probas de avaliación continua da materia, onde o peso sobre o total da
materia supón o 25%. Todos os alumnos deberán realizar un "Exame
final", cun peso sobre a avaliación global do 75%. Será necesario
acadar unha nota mínima no examen de 4.5 puntos sobre 10, para que
se sume a nota de avaliación continua. O alumno deberá obtener unha
nota final igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia.

Aqueles alumnos que oficialmente
renuncien á avaliación continua, serán avaliados nun único Exame
evaluatorio final, supoñendo neste caso o 100% da puntuación. A renuncia á avaliación continua realizarase dentro do primeiro mes natural dende o comezo oficial do curso académico mediante solicitude escrita ao coordinador da materia, e acompañada do xustificante que motive a renuncia á avaliación continua. A renuncia á avaliación continua somentes se concederá nos casos de incompatibilidade laboral, por enfermidade, ou causa debidamente xustificada.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000