Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Construcións forestais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se prevé a modificación de metodoloxías docentes, dado que a totalidade da materia poderá ser impartida mediante ferramentas de teledocencia.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Cando os órganos de goberno da Universidade recomenden a virtualización de actividades docentes, as titorías realizaranse mediante correo electrónico ao profesor da materia, quen poderá resolver as dúbidas mediante o email, ou invitar ao alumno a participar nunha titoría a través das ferramentas de teledocencia (Campus Remoto, Teams, etc.).

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se prevé a modificación de contidos, dado que a totalidade da materia poderá ser impartida mediante ferramentas de teledocencia.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas de avaliación realizaranse de forma telemática mediante o emprego de ferramentas de teledocencia (probas e cuestionarios mediante Moodle), respetando as ponderacións inicialmente contempladas.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000