Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Ecoloxía forestal
   Contidos
Tema Subtema
0. ORGANIZACIÓN DO CURSO. BOSQUES E PLANTACIÓNS FORESTAIS.

Desenvolvemento da materia. Técnicas de avaliación do alumno: obxectivos e métodos. Bosques e plantacións: diferenzas e similitudes. Os principios da Ecoloxía Forestal.
SECCIÓN I.
1. INTRODUCCIÓN Á ECOLOXÍA.
O concepto de desenvolvemento sostible. O problema demográfico (implicacións do crecemento humano para os recursos naturais). Introducción á Ecoloxía. Niveis de organización biolóxica e subdivisións da Ecoloxía. O concepto de ecosistema. O método científico. Introducción á economía ecolóxica (a contabilidade nacional e a perda de recursos naturais. O ecoespacio e a pegada ecolóxica). Ecoloxía e ecoloxismo.
SECCIÓN II. O AMBIENTE
2. AXUSTE ENTRE OS ORGANISMOS E O AMBIENTE.
Variación xenotípica e fenotípica. Selección natural. Ecotipos. Concepto de recurso e factor ecolóxico. Efectos ecolóxicos da radiación solar (fotosíntese, índice de superficie foliar, morfoloxía, tolerancia á sombra, fotoperiodismo). A temperatura e os organismos (Q10, diapausa, tempo fisiolóxico, efectos sobre as plantas, adaptacións das plantas a temperaturas desfavorables). Humidade atmosférica e adaptacións vexetais. Efectos do vento sobre a vexetación (diseminación de propágulos, efectos fisiolóxicos, efectos morfolóxicos). Adaptacións ó lume.
3. IMPLICACIÓNS FORESTAIS DA ADAPTACIÓN BIOLÓXICA.
Implicacións da evolución na explotación dos bosques. Importancia do factor luz na explotación forestal. Importancia do factor temperatura na explotación forestal. Importancia do auga na explotación forestal. Importancia do vento na explotación forestal.
SECCIÓN III. ECOLOXÍA DE POBOACIÓNS
4. DEMOGRAFÍA E DINÁMICA POBOACIONAL.
Concepto de poboación. Tipos de individuos. Parámetros poboacionais. Densidad poboacional. Distribución espacial. Estrutura poboacional. Tipos de poboacións. Táboas de vida. Táboas de supervivencia: tipos. Curvas de supervivencia. Taxas específicas de supervivencia e mortalidad. Probabilidades de supervivencia e morte. Factores "K". Estrutura de idade. Esperanza de vida. Táboas de fecundidad. Fecundidad específica. Taxa neta de reprodución. Tempo de xeración. Valor reproductivo. Ecuación fundamental da dinámica poboacional. Taxas de cambio poblacional. Modelos de dinámica poboacional: asuncións básicas. Dinámica poboacional densoindependiente: modelo exponencial, matrices de Leslie. Dinámica poboacional densodependiente: Competencia intraespecífica, capacidade de carga., modelos logístico, efecto Allee, atrasos temporais, estabilidade poboacional, caos. Regulación poboacional.
5. INTERACCIÓNS (I): COMPETENCIA INTERESPECÍFICA E DEPREDACIÓN.
Diferenzas entre interaccións. Tipos de competencia interespecífica: efectos da competencia. Modelo de competencia de Lotka e Volterra: elementos, asuncións e solucións do modelo. Modelo de Tilman: competencia por un ou máis recursos. Competencia e nicho ecolóxico: amplitud e solapamento de nichos. Evidencias da existencia de competencia: dificultades e críticas. Caracterización dos depredadores: tipos. Factores que determinan a dieta dun depredador. Respostas dos depredadores en función da abundancia das presas. Modelo de depredación de Lotka e Volterra: elementos, asuncións, solucións e modificacións. Evidencias da importancia da depredación.
6. INTERACCIÓNS (II): MUTUALISMO E DETRITIVORÍA. Concepto de mutualismo. Tipos de mutualismo (comportamento, coidado, polinización, intestinal, simbiose, micorrizas). Liques. Leguminosas e Rhizobium. Descompoñedores: bacterias e fungos. Detritívoros do solo (miñocas, insectos). Detritívoros acuáticos. Papel relativo de microflora e detritívoros. Interaccións detritívoro-recurso (detritus vexetal, feces, carroña).
SECCIÓN IV. ESTRUCTURA E ORGANIZACIÓN DOS ECOSISTEMAS
7. A COMUNIDADE BIOLÓXICA.
Concepto. Características da comunidade. Estructura física (estratificación, formas de crecemento, biomas). Estacionalidade (zonas temperadas, zonas tropicais). Concepto de ecotono (efecto de borde, ecotonos entre bosque e pradeira). Concepto de gremio.
8. A DIVERSIDADE NOS ECOSISTEMAS FORESTAIS. Concepto e tipos de diversidade. ¿Por que conserva-la biodiversidade? A medida da biodiversidade (índice de Shannon, diagramas de rango-abundancia). Gradente latitudinal de biodiversidade. Principais actividades forestais e o seu efecto sobre a biodiversidade. Técnicas para o mantenemento da biodiversidade nas plantacións forestais. Principios da silvicultura ecolóxica.
9. PRODUCCIÓN PRIMARIA. Producción e respiración (biomasa, producción bruta e neta). Tipos de fotosíntese (plantas C3, C4 e CAM). Métodos de medida da producción primaria. Quimiosíntese. Factores limitantes da producción primaria (comunidades terrestres e acuáticas). Relación Producción:Biomasa en ecosistemas naturais. A producción dos ecosistemas forestais (factores que afectan á PPN dos bosques; PPN dos bosques e das plantacións monoespecíficas).
10. FLUXO DE ENERXÍA. Termodinámica. Niveis tróficos. Cadeas e redes tróficas. Pirámides ecolóxicas. Diagramas de fluxo de enerxía. Almacenamento e dinámica da enerxía nos ecosistemas. Efectos da explotación dos bosques sobre o fluxo de enerxía.
11. CICLOS DE MATERIA. Circulación da materia. Ciclos bioxeoquímicos (P, N, S, C, o efecto invernadoiro). Ciclos de elementos nos ecosistemas forestais (efecto da idade das árbores, do tipo de ecosistema, do tipo de árbore, efectos sobre a producción, adicións e perdas de nutrintes, efectos da extracción de madeira sobre a productividade a longo prazo).
12. A SUCESIÓN ECOLÓXICA.
A sucesión (primaria/secundaria, aloxénica/autoxénica/bioxénica, degradativa). Hipóteses sobre a sucesión e o concepto de clímax. Mecanismos involucrados na sucesión (colonización, alteración do ambiente, desprazamento de especies). Modelos sucesionais (Horn, Tilman). Cambios no funcionamento dos ecosistemas durante a sucesión. Exemplos de sucesións (campos abandonados, sucesión cíclica). Importancia da sucesión na explotación dos bosques.
SECCIÓN V. ECOLOXÍA APLICADA
13. CONTAMINACIÓN.
Definición. Tipos de contaminantes. A choiva áceda (efectos dos compostos de xofre sobre as plantas e os animais: o declive dos ecosistemas forestais). O burato na capa de ozono. Ruido. Contaminación das augas. Bioindicadores de calidade do auga. Eutrofización (causas, recuperación de lagos eutrofizados).
14. EXPLOTACIÓN E CONTROL DAS POBOACIÓNS. Concepto de rendemento óptimo. Modelos de explotación (as cotas fixas). Principios para a explotación das poboacións (regulación do esforzo de explotación, inestabilidade, explotación dunha porcentaxe, modelos dinámicos). A explotación dos bosques. Técnicas de control de pragas (obxectivos, control químico, control biolóxico, control xenético, control integrado).
15. PRINCIPIOS BÁSICOS DA BIOLOXÍA DA CONSERVACIÓN. O número de especies que habitan o planeta. Valor das especies e ecosistemas (intrínseco, instrumental, peculiaridade). Procesos e causas de extinción (extincións históricas, efectos antrópicos). Xestión de ecosistemas. Factores sociais, económicos e políticos.
16. INTRODUCCIÓN Á AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (AIA).
Fundamentos, terminoloxía e definicións. Obxectivos da AIA. Fases da AIA. Métodos e modelos para defini-la relación causa-efecto.
Prácticas de aula e sala de ordenadores.
1. MÉTODOS DE TRABALLO EN ECOLOXÍA DE CAMPO: poboacións móbiles.
Trampas e dispositivos de mostraxe. Métodos de marcaxe e recaptura. Estimacións relativas. Simulacións mediante programas de ordenador.
Prácticas de aula e sala de ordenadores.
2. MÉTODOS DE TRABALLO EN ECOLOXÍA DE CAMPO: poboacións sésiles.
Cadros de mostraxe. Transectos. Intercepción lineal. Intercepción puntual. Método dos cuadrantes centrados nun punto. Distribución espacial (patróns de distribución). Experimento: mostraxe dunha comunidade simulada de plantas. Simulacións de poboacións marcadas mediante programas de ordenador.
Práctica de sala de ordenadores.
3. IMPORTANCIA ECOLÓXICA DO TAMAÑO CORPORAL: ALOMETRÍA.
Variabilidade do tamaño corporal en diferentes tipos de organismos. Concepto de alometría. Tipos de alometría. Exemplos. Estudio de problemas tipo para a determinación da existencia de alometría.
Práctica de laboratorio.
4. MÉTODOS DE DETERMINACIÓN DA IDADE.
Métodos de determinación da idade en diferentes tipos de organismos. Crecemento dos organismos. Estudio do crecemento de especies arbóreas.
Práctica de sala de ordenadores.
5. MECANISMOS DO CONTROL BIOLÓXICO.
Experimento: selección do hóspede por Anaphes nitens, parasitoide do gorgullo do eucalipto
Práctica de campo.
1. Pragas forestais.
Densidade de Gonipterus scutellatus sobre Eucalyptus, e control biolóxico mediante o parasitoide Anaphes nitens.
Práctica de campo.
2. Estimación da calidade das augas do río Almofrei mediante métodos biolóxicos.
Uso de métodos biolóxicos na avaliación da calidade das augas dos ríos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000