Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Selvicultura
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas excepto as saídas de Campo. Adaptaranse a formato non presencial empregando as plataformas oficiais de teledocencia.

* Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de terse que cancelar as saídas de campo se substuirán por materiais como:
? Pílulas en vídeo explicativas. /
? Outros documentos de lectura recomendada.
? Vídeos externos, enlaces webs, etc.
Proporanse algunhas tarefas/exercicios para a súa avaliación. En cada unha das tarefas propostas especificaranse prazos de entrega e revisión.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Semanalmente enviarase un correo ao alumnado coas instrucións para a sesión semanal da materia. Devandito correo enviarase a través da plataforma FAITIC.
Abrirase un apartado no foro da plataforma FAITIC para a resolución de dúbidas.
Atenderanse dúbidas e consultas a través do correo electrónico.
Poderanse facer titorías vía a sala asignada do CAMPUS REMOTO UVIGO. Para iso, recoméndase enviar un correo previamente para definir día, hora. Estas titorías poden ser colectivas na medida do que permitan as cuestións expostas e os medios empregados.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se realizarán cambios sobre as avaliacións propostas. ünicamente adaptaranse para poder ser realizadas en formato non presencial empregando as plataformas de teledocencia da UVIGO Faitic-Campus Remoto
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000