Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Botánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo No exame de laboratorio integraranse os coñecementos adquiridos nas saídas de campo.
Avalíase a competencia B20
10
Prácticas de laboratorio Farase unha avaliación continua ó alumnado das actividades plantexadas nas clases prácticas.Ó final do curso o alumnado deberá entregar unha memoria final e/ou realizar unha proba sobre identificación de distintos pliegos de especies forestais.
Avalíanse as competencias A10,A18,A20
30
Resolución de problemas de forma autónoma No exame da sesión magistral integraranse os coñecementos adquiridos coa resolución de problemas dun xeito autónomo.
Ó final do curso o alumnado deberá entregar un herbario formado, principalmente, polas especies forestais tratadas na parte teórica e/ou un traballo bibliográfico ou de investigación. Estes coñecementos poderán integrararse no exame de laboratorio ou valorarse dun xeito independiente
Avalíanse as competencias A68,B20
20 C15
Lección maxistral Proba con preguntas tipo test, de resposta curta e de resposta longa; o alumnado deberá demostrar os coñecementos adquiridos.
Avalían-se as competencias A2,A8,A68
40 B1
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.

A avaliación continua farase segundo as metodoloxías e probas expostas máis arriba: avaliaranse os coñecementos teóricos da materia mediante un exame escrito, cun peso do 40% na nota global; avaliaranse os coñecementos prácticos da materia mediante un exame escrito no que deberán identificar unha serie de pliegos de especies da flora forestal e/ou unha memoria de actividades realizadas no laboratorio, cun peso do 30% na nota global; avaliarase a capacidade de resolución de problemas mediante a valoración dun herbario que deberá entregar o alumnado ao final do curso, cun peso do 20% e avaliarase os coñecementos adquiridos nas saídas de campo a través do exame práctico no laboratorio, cun peso do 10% da nota global.

Será imprescindible superar cada unha destas partes independentemente.

A avaliación global farase mediante 2 probas escritas (unha práctica e outra teórica) cun peso do 30% e 70% respectivamente.

Datas dos exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000