Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Botánica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantense a Lección Maxistral e a Resolución de problemas; realizaranse a través da plataforma de docencia virtual da UVigo

* Metodoloxías docentes que se modifican

As prácticas de laboratorio pasaran a realizarse dun xeito virtual a través de videos, o uso de aplicacións informáticas, clases a través da plataforma de docencia virtual da UVigo...

As saídas de estudo non poderán realizarse, serán substituídas por actividades virtuais

Darase máis peso á avaliación continua que se levará a cabo a través de Faitic

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As titorías realizaranse a través da plataforma de docencia virtual da UVigo

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Proba Lección Maxistral [Peso anterior 70%] [Peso Proposto 60%]


* Probas que se modifican
Prácticas de laboratorio e saídas de estudo: peso anterior 25%; simulación de prácticas: 20%

Resolución de problemas dun xeito autónomo, peso anterior 5%; peso actual 10%

* Novas probas
Avaliación continua a través de Faitic : 10%

* Información adicional

No caso de que as circunstancias excepcionais non sexan durante todo o cuatrimestre, o peso da adaptación da avaliación indicada poderá ser proporcional á docencia virtual impartida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000