Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Matemáticas: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliaranse as actividades (problemas, cuestións, exercicios de computador) entregadas durante o curso e os cuestionarios de autoevaluación.
30 B1
C11
D2
D5
D8
Traballo tutelado Cualificación do contido e presentación do traballo de grupo. 10 B1
C11
D2
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito de problemas e pequenas cuestións de teoría.
Hai que sacar un mínimo para compensar (4 sobre 10).
40 B1
C11
D8
Práctica de laboratorio Exame do software estatístico na aula de informática.
Hai que sacar un mínimo para compensar (4 sobre 10).
20 B1
C11
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir entre un sistema de avaliación continua ou unha avaliación global.
Recoméndase a avaliación continua.

AVALIACIÓN CONTINUA

-Primeira oportunidade:

Para aprobar a materia hai que ter os dous exames compensables (4 puntos ou máis) e alcanzar unha nota final maior ou igual que 5.

-Segunda oportunidade:

Haberá dous exames: escrito e de ordenador, para que cada estudante recupere o que teña pendente.
Mantéñense as notas do traballo e das actividades.

AVALIACIÓN GLOBAL:

Consta dun exame final escrito (65%) e un exame final de ordenador (35%).
En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 5 para calcular a media final.

CALENDARIO DE EXAMES:

As datas oficiais e as posibles modificacións están publicadas no tablón oficial da EEF e na web http://forestales.uvigo.es/gl/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000