Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Matemáticas: Estatística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos fundamentos teóricos, que deberán estudarse fóra da clase.
Ao principio de cada tema proporcionarase aos alumnos apuntes e/ou material para un mellor seguemento da clase.
Trabállanse as competencias CG1 e CE11.
Resolución de problemas Clases no aula dedicadas a resolver exercicios, e a plantexar, resolver ou analizar e interpretar problemas.
Trabállanse as competencias CG1, CE11, CT8.
Resolución de problemas de forma autónoma En cada tema os alumnos deberán traballar sobre un boletín para saber resolver problemas e exercicios similares aos de clase.
Tamén se proporá indagar sobre cuestións de interese.
Así mesmo, os alumnos realizarán cuestionarios de autoevaluación ao final dos temas ou bloques da materia.
Trabállanse todas as competencias da materia.
Prácticas en aulas informáticas Manexo de software estatístico por parte de cada alumno.
Fundamentalmente usarase EXCEL ou CALC, e algo de R Commander.
En cada tema, traballarase no computador seguindo un guión para aprender a aplicación, cálculo e interpretación dos conceptos e técnicas básicas de estatística sobre arquivos de datos relacionados co ámbito da Enxeñaría Forestal.
Trabállanse todas as competencias da materia.
Traballo tutelado Os alumnos organizaranse en grupos de traballo para o estudo dun caso de datos reais ou dunha simulación.
Cada grupo deberá elixir un problema relacionado co ámbito da Enxeñaría Forestal, obter ou simular datos relativos ao mesmo, describilos e analizalos estatisticamente e extraer algunhas conclusións relevantes.
O traballo realizarase maioritariamente fora da aula, aínda que haberá unha parte de elaboración e supervisión presencial.
Así mesmo a presentación do traballo será presencial.
Trabállanse todas as competencias da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000