Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Subjects
  Mathematics: Statistics
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Master Session Exposición por parte do profesor dos fundamentos teóricos, que deberán estudarse fóra de clase.
Ao principio de cada tema proporcionarase aos alumnos apuntes e/ou material para un mellor seguimento da clase.
Trabállanse as competencias CG4 e CE11.
Troubleshooting and / or exercises Clases na aula dedicadas a resolver exercicios, e a expor, resolver ou analizar e interpretar problemas.
Trabállanse as competencias CG4, CE11, CT1, CT6, CT11 e CT19.
Autonomous troubleshooting and / or exercises En cada tema os alumnos deberán traballar sobre un boletín para saber resolver problemas e exercicios similares aos de clase.
Tamén se proporá indagar sobre cuestións de interese.
Así mesmo, os alumnos realizarán cuestionarios de autoevaluación ao final dos temas ou bloques da materia.
Trabállanse todas as competencias da materia.
Practice in computer rooms Manexo de software estatístico por parte de cada alumno.
Fundamentalmente usarase EXCEL ou CALC, e algo de R Commander.
En cada tema, traballarase no computador seguindo un guión para aprender a aplicación, cálculo e interpretación dos conceptos e técnicas básicas de estatística sobre arquivos de datos relacionados co ámbito da Enxeñaría Forestal.
Trabállanse as competencias CG4, CE11, CT1, CT6, CT11, CT12 e CT19.
Tutored works Os alumnos organizaranse en grupos de traballo para o estudo dun caso de datos reais ou dunha simulación.
Cada grupo deberá elixir un problema relacionado co ámbito da Enxeñaría Forestal, obter ou simular datos relativos ao mesmo, describilos e analizalos estatisticamente e extraer algunhas conclusións relevantes.
O traballo realizarase maioritariamente fora da aula, aínda que haberá unha parte de elaboración e supervisión presencial.
Así mesmo a presentación do traballo será presencial.
Trabállanse todas as competencias da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000