Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Matemáticas: Ampliación de matemáticas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
O subítem "Prácticas de laboratorio: Resolución de problemas mediante sistemas de cálculo matemático" mantense, coa única salvedade de que as prácticas realizaranse en liña.
O subítem "Presentación Voluntarias: Presentacións en función do nivel e disposición do alumnado" mantense, coa única salvedade de que as presentacións realizaranse en liña.

* Metodoloxías docentes que se modifican

O subítem "Lección maxistral: Clase estándar usando pizarra e medios informáticos por tódolo/as participantes." será substituído por "Lección maxistral virtual: Clase estándar usando aulas virtuais e/ou vídeos explicativos elaborados polo profesor (FAITIC)".

O subítem "Resolución de problemas: Problemas complementarios dos contidos puramente teóricos" será substituído por "Resolución de problemas: Problemas complementarios dos contidos puramente teóricos resoltos en directo na aula virtual e/ou en vídeos explicativos elaborados polo profesor (FAITIC)"

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Preferentemente a través do sistema de despachos virtuais da UVIGO ou correo electrónico da UVIGO baixo a modalidade de concertación de cita previa. Se un alumno/a tivese imposibilidades para usar estes métodos, contemplarase o uso doutras vías non institucionais: Skype, Google Meet, teléfono,...

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Non se contemplan modificacións.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Non se contempla o uso de bibliografía adicional á ordinaria. Non obstante, o docente procurará que a maior cantidade dos recursos utilizados estean dispoñibles no FAITIC, co gallo de facilitar o acceso do alumnado aos contidos.

* Outras modificacións

Non se contemplan

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas

Avaliación continua: [Peso anterior 50%] [Peso proposto 50%]

Dado que as actividades da avaliación continua presencial poden ser trasladadas á avaliación continua virtual (prácticas de laboratorio, exposicións de exercicios,...), o peso proposto para a avaliación continua mantense.

* Probas pendentes que se manteñen

Avaliación continua: [Peso anterior 50%] [Peso proposto 50%]

Dado que as actividades da avaliación continua presencial poden ser trasladadas á avaliación continua virtual (prácticas de laboratorio, exposicións de exercicios,...), o peso proposto para a avaliación continua mantense.


* Probas que se modifican

[Exame final presencial] => [Exame final virtual]

En caso de non poder realizarse o exame final presencial, este será substituído por unha proba final virtual no FAITIC, mantendo o seu peso. A proba poderá comprender tanto a entrega virtual de exercicios manuscritos por parte dos alumnos como a súa resposta a preguntas tipo test (dentro dunha batería ampla de preguntas) de corrección automática. Co fin de constatar que o autor do exame é realmente o alumno/a, o profesor poderá organizar unha sesión de defensa virtual do exame, onde o alumno/a deberá xustificar as súas respostas na proba. Esta sesión virtual non terá repercusión na nota do exame, agás que sexa detectado un fraude na realización do mesmo, caso no cal a cualificación obtida será de cero puntos.

* Novas probas

Non se contemplan.

* Información adicional

En caso de existir algún alumno/a baixo circunstancias excepcionais (como falta de recursos tecnolóxicos) que poidan limitar a súa participación na materia en igualdade de condicións cos seus compañeiros/as, o docente procurará adaptar a avaliación a ditas necesidades especiais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000