Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Fundamentos de economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia 80 B34
C4
D1
D3
D11
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos e alumnas deben dar resposta á actividade exposta, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Para iso utilizaranse os Tics.
Non se admitirá ningún exercicio entregado fóra de prazo nin enviado noutro medio que non sexa a través da plataforma FAITIC.
20 B34
C4
D1
D2
D3
D6
D7
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que o alumnado debe asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía. O sistema de avaliación da materia apóiase en tres elementos:
a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (2 puntos).
b) Superación da parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro. (8 puntos)
c) A asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.

É requisito indispensable para sumar a parte práctica polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame teórico.

CONVOCATORIA XULLO/EXTRAORDINARIA

A forma de avaliación na convocatoria de xullo e extraordinaria é a mesma que en xaneiro.
a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xullo, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso.
b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000