Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas e informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ten dúas partes:
1. Exame final de contidos teóricos.
2. Exame final de prácticas de laboratorio.
70
Probas de tipo test Resolución de probas pechadas consistentes en exercicios con varias respostas alternativas das que o alumno deberá sinalar a verdadeira.
Resolución de problemas nas que, utilizando un sistema de cálculo simbólico, deberán proporcionar a resposta do programa ao exercicio correspondente.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de boletíns de problemas e prácticas de laboratorio 10
Traballos e proxectos Realización de proxectos abertos nos que é preciso empregar diferentes coñocementos adquiridos ao longo do curso 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación realizarase en dous apartados: avaliación de contidos teóricos e a avaliación das prácticas de laboratorio.

A avaliación dos contidos teóricos realizarase tendo en conta o exame final dos contidos teóricos, os test obrigatorios, traballos propostos de resolución de exercicios e  traballos de proxectos.

A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase tendo en conta o exame final de prácticas de laboratorio, as prácticas realizadas, test de prácticas e traballos complementarios.

A nota final será a media aritmética da avaliación dos contidos teóricos e da avaliación dos contidos prácticos. Únicamente se fará o promedio de ambas notas si se obten polo menos un 4 en cada unha delas. A materia considerarase aprobada si a nota media final é de polo menos un 5.

Para a segunda convocatoria esixirase ao alumno que repita os procedementos non alcanzados durante a avaliación continua da primeira convocatoria, manténdose a valoración dos procedementos xa superados.

Os alumnos que debidamente xustifiquen a imposibilidade de someterse á avaliación continua serán avalidos por medio das probas de exame final de contidos teóricos e exame final de prácticas de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000