Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Física: Física I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican

Teledocencia
Se utilizarán as ferramentas de Campus Remoto en modo síncrono para a exposición de contidos, fundamentos, bases teóricas, directrices xerais para resolución de problemas e casos prácticos. Se prepararán materiais didácticos específicos para a teledocencia que consisten en presentacións ppt gravadas con voz, utilización de recursos gráficos, simuladores de situacións físicas. Todo o material didáctico e recursos están dispoñibles na plataforma Faitic.

Laboratorio Virtual
Para realizar as prácticas de laboratorio se implantará un Laboratorio Virtual utilizando simuladores que permitan a toma de datos en condicións experimentais. Se utilizará a metodoloxía Flipped Classroom (aula invertida) onde se proporciona aos alum@s un vídeo con indicacións sobre a práctica e a URL dun simulador para realizar montaxe experimental e toma de datos. Posteriormente se realiza a sesión correspondente en Campus Remoto en modo síncrono para discusión de resultados, posta en común, aclaración de dúbidas e elaboración de informes técnicos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Atención personalizada. Comunicación via e-mail ou outra ferramenta telemática acaída. Titoría en Despacho virtual (Campus Remoto).


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Se realizarán probas on-line (Campus Remoto e Faitic) mediante cuestionario de resposta múltiple que consistirán en
a) 10-20 cuestións teóricas
b) 5-10 problemas curtos ou casos prácticos
Se manteñen as ponderacións sinaladas na guía docente da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000