Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Traballo Fin de Máster
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Traballo Fin de Máster Código P02M178V01216
Titulación
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Pérez Rodríguez, Uxío
Correo-e uxio.perez@uvigo.es
Profesorado
Pérez Rodríguez, Uxío
Web
Descrición xeral É unha materia obrigatoria do plan de estudos, de 9 créditos. Supón a realización por parte do alumnado dun proxecto, memoria ou estudo que terá que ser individual, innovador, persoal e orixinal, que supoña unha iniciación á investigación dentro dunha das áreas de Didáctica Específica do mestrado, ou de varias, se se optase por lle dar un carácter interdisciplinar.
Deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación e á adquisición das competencias relacionadas coa aprendizaxe autónoma, coa dirección dun/dunha profesor/a.
Para a elaboración do TFM terase en conta o realizado durante o Practicum que será considerado, dentro do posible, como o traballo de campo deste TFM.
Constará dun documento escrito que terá que seguir as pautas que se sinalen neste documento marco e as indicacións do/a director/a, realizadas na atención personalizada e/ou titorías. Neste documento marco recóllense características diferentes de formato, segundo as áreas polas que se presente.
O alumnado terá que expoñer e defender o TFM publicamente perante un tribunal de avaliación nomeado pola Comisión do Mestrado de cada universidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000