Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Practicum
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
No caso de non poder realizar as prácticas presencialmente en entidades externas, e sempre que as normativas que estean vixentes o permitan, o estudantado poderá optar por:
a) Traballar de xeito telemático co persoal titor externo.
b) Substituír o traballo nos centros por actividades de deseño/análise de propostas acordadas coa persoa titora da universidade.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Modalidade a): Mantéñense as porcentaxes recollidas no apartado “Avaliación” da Guía docente.
Modalidade b): A persoa titora da universidade valorará a memoria co 100% da cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000