Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Investigación e innovación en didáctica da língua e a literatura estranxeira (inglés/francés)
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na aula mentres a outra parte seguirá a docencia dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono se a ferramenta utilizada así o aconsella, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria.

Non se requiren adaptacións dos contidos xa que todos poden ser traballados nun contexto non presencial. As metodoloxías docentes, xa baseadas no uso síncrono de espazos dixitais colaborativos, tampouco requiren modificacións. As aulas en liña faranse por videconferencia no Campus remoto nos horarios previstos para as aulas presenciais sempre que for posíbel.

As titorías garantiranse preferentemente por videconferencia, aínda que tamén se poderá contactar co profesor por e-mail ou por teléfono. Varias referencias da bibliografía recomendada está dispoñíbel en formato dixital. O alumnado interesado na súa consulta deberá contactar o profesor.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

O sistema de avaliación previsto para as diferentes convocatorias mantense nun contexto non-presencial. Os exames da avaliación non presencial ou de segunda convocatoria realizaranse a través da plataforma de aprendizaxe e do Campus remoto na data e hora previstas polo centro. As exposicións de proxectos requirirán a gravación de ficheiros de audio ou video por parte do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000