Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Investigación e innovación en didáctica da língua e a literatura estranxeira (inglés/francés)
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación O alumnado, organizado en grupos de traballo, desenvolverá un proxecto, que consistira na elaboración dunha secuencia pedagóxica. O proxecto será entregado na plataforma de aprendizaxe na data oficial do exame e avaliado segundo unha grade de avaliación proposta polo profesor na primeira sesión presencial. Na data oficial do exame, cada grupo presentará o seu proxecto en lingua inglesa ou francesa. Cada grupo disporá dun máximo de 20 minutos para a súa presentación. 100 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C4
C7
C8
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C18
D1
D2
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da facultade.

1. Avaliación en primeira convocatoria 

1.a. Avaliación presencial 

O alumnado terá que realizar e presentar oralmente un proxecto en grupo, que consistirá na elaboración dunha sequencia pedagóxica AICLE. O proxecto será avaliado polo profesor de acordo cunha grade de avaliación disponibilizada na plataforma de aprendizaxe. As presentacións de proxectos serán feitas no día, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames

1.b. Avaliación non presencial 

O alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao longo das dúas primeiras semanas de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e a grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na web da materia. 

2. Avaliación en segunda convocatoria 

O alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. 

3. Linguas de traballo 

As linguas de traballo da materia serán o francés e o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa ou inglesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das linguas de traballo. Os enunciados dos exames estarán redactados en lingua francesa e inglesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das dúas linguas. 

Fica prohibida a utilización do tradutor automático en calquera actividade de aprendizaxe ou na comunicación co profesor. O uso repetido da tradución automática nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos.

3. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) 

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000