Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Procesos e estratexias en fotografía e arte contemporánea
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Para o curso 2021-2022, non hai modificacións significativas nas metodoloxía nos tres escenarios docentes previstos. No posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías se levarían a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, nun escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas se adaptarían a una modalidade de excepción virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican as dinámicas propias de ninguna metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidad de execución: presencial e virtual ( no caso un escenario mixto) e virtual exclusivamente (nun escenario a distancia)

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesión de titorización poderan realizarse presencialmente nas aulas e nos despachos de cada un dos docentes que impartan materia, ou por medios telemáticos ( despachos virutas) baixo a modalidad de concertación previa e no horario que se estableza.
No caso un escenario docente na modalidad a distancia, a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contados a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia se procede.

* Outras modificacións
Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de docencia semipresencial, ademáis da docencia presencial nas aulas, a actividade docente virtual impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
No escenario de docencia a distancia, a actividade docente realizarase exclusivamente de modo virtual.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Todas as probas propostas na guia docente mantéñense en caquera das tres modalidades de ensinanza previstas para o curso 2021-2022 e todas as súas convocatorias.
Os criterios de avaliación, así coma a ponderación sobre a nota final, mantense, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente.
Os procedimentos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu modo de excepciona, no caso dos dois escenarios docentes extraordinarios previstos.
Así, no caso de estar nun escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación podrán ser organizadas de modo presencial, dependiendo das instalación e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaría a modalidad presencial coa virtual, ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual. Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse virtualmente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000