Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Procesos e estratexias en fotografía e arte contemporánea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Desarrollo e adecuación á propostas de traballo plantexado. 30
Lección maxistral Asistencia activa e implicación . resolución práctica. 10
Obradoiro Adecuación contidos e plantexamentos. Grado de resolución, capacidade creativa e valor plástico. 35
Aprendizaxe colaborativa Implicación. Participación activa e resolutiva no plantexamento de tarefas e resolución dialóxica de problemas. 10
Metodoloxías baseadas en investigación Capacidade crítica, de análise e de comunicación de coñecementos e ideas adquiridas 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase é importante para o correcto desenvolvemento do curso.

O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria.

De non ter superada a materia en primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria.

O alumnado que opte pola modalidad non presencial, (avaliación global) deberá superar unha proba escrita de contidos mínimos teóricos que lle dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar ao inicio da materia, co profesorado responsable concertando titorías.

SEGUNDA CONVOCATORIA

Os/as alumnos/as que non tiveran asistido ou non cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, ou se presenten á avaluaciión global, deberán superar unha proba escrita de contidos mínimos teóricos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar ao inicio da materia, co profesorado responsable  mediante as titorías.

No caso de alumnos/as, que aínda asistindo regularmente a clase e presentando as entregas parciais puntualmente non logren
superar a materia, deberán presentar na segunda convocatoria so aquelas entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. As notas das partes aprobadas conservaráselles durante unha convocatoria. 


Para información sobre as datas de avaliación consultar a web do mestrado:

http://dides.webs.uvigo.es/gl/docencia/guias-docentes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000