Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Investigación e innovación en didáctica das artes visuais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente nas aulas e no despacho de cada da docentes na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Begoña Paz (despacho de plástica) ou por medios telemáticos (despacho virtual de Begoña Paz 1878 e correo electrónico marpaz@uvigo.es) baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza.
No caso dun escenario docente de modalidade non presencial a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos mencionados.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia, para cada tema.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Todas as probas propostas na guía docente, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2020-21.
Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, mantense, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente.
Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero sí no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.
Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual, ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.
Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.


* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
Manteranse o peso das probras realizadas

* Probas pendentes que se manteñen
Manteranse as probas planificadas e a súa ponderación

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación previamente programadas. A única modificación, como xa se mencionou no apartado anterior, podería darse con relación á modalidade de avaliación: presencial e/ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que se leve a cabo a docencia.

* Novas probas
Non se prevén novas probas de avaliación.

* Información adicional

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000