Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Expresión musical e novas tecnoloxías. Estratexias didácticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades que se levan a cabo antes de iniciar cualquer proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxetivos que se queren acadar vencellados a un programa formativo. Con iso preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, basados nos coñecementos previos do alumnado.
Lección maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballo tutelado Traballos e tarefas que os alumnos e alumnas levan a cabo fundamentalmente na aula para afondar dun xeito máis práctico na materia.
Obradoiro Modo formativo orientado á aplicación da aprendizaxe na que se poden combinar varias metodoloxías / probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través do cal os alumnos desenvolven tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico , co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas con apoio das TIC Metodoloxía que permite aos alumnos aprender de forma eficaz, a través de actividades prácticas (demostracións, simulacións, etc.) da teoría dun campo de coñecemento, a través do uso de tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica do coñecemento, facilitando a aprendizaxe eo desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000