Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Novas tendencias na Educación ambiental
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
A2 Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo
A3 Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos
A4 Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
A5 Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B1 Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o exercio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemetno e orientadas ao ben común
B6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómica e cultural da sociedade
C7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación
C10 Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas
C11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
C13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinarios específicos
C15 Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, formentando o espíritu crítico, reflexivo e innovador
C18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de adaptación a situacións novas
D5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinarios e interdisciplinarios
D6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares
D7 Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/ou investigador/a
D10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente
D11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
D12 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000