Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Dificultades na aprendizaxe das matemáticas. Enfoque práctico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a introducir a materia obxecto de estudo e as súas bases teóricas e prácticas.
Estudo previo Procura, lectura e análise de fontes documentais.
Debate Discusión dirixida entre o grupo de estudantes sobre a análise dunha situación de ensino/aprendizaxe das matemáticas na Educación Infantil e Primaria.
Metodoloxías baseadas en investigación Realización dun proxecto de investigación
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes do proxecto de investigación.
Aprendizaxe colaborativa Enfoque interactivo de organización do traballo na aula no cal os alumnos son responsables da súa aprendizaxe e do dos seus compañeiros nunha estratexia de corresponsabilidade para alcanzar metas e incentivos grupais.
Aprendizaxe-servizo ApS-MatIncl:
Intervencións educativas de ensino e aprendizaxe de cuestións de economía doméstica en colaboración con Down-Vigo.
Proxecto ApS da Universidade de Vigo 2022
Utilizarase Aprendizaxe Colaborativa como metodoloxía integrada na actividade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000