Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Aplicación das TIC na innovación educativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración, de maneira individual, dun traballo sobre algunhas das temáticas recollidas no apartado contidos desta guía. 30 A2
A4
B3
B4
B6
C3
C17
D6
D7
D9
D10
D12
Cartafol/dossier Realización, en grupo, dun proxecto de innovación educativa mediado polas TIC, co obxectivo de amosar os seus esforzos, progresos e logros nunha área. A recompilación debe incluír contidos elixidos polo estudantado, os criterios de selección e evidencias de autorreflexión. 40 A2
A4
B3
B4
B6
C3
C17
D6
D7
D9
D10
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Recompilación e reflexión, individual ou grupal, das actividades realizadas nas diferentes sesións de aula. 30 A2
A4
B3
B4
B6
C3
C17
D6
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ESTUDANTES CON ASISTENCIA MÍNIMA DO 80% AS ACTIVIDADES DE AULA NA 1ª CONVOCATORIA:

Para poder acollerse á avaliación continua a través da realización das actividades na aula é preciso asistir ás sesións lectivas de aula non mínimo do 80% e entregar e obter unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha das partes obxecto de avaliación (traballo tutelado, cartafol e resolución de problemas ou actividades).

ESTUDANTES QUE NON CUMPREN CUNHA ASISTENCIA MÍNIMA DO 80% AS ACTIVIDADES DE AULA:

O estudantado que non acade un mínimo do 80% de asistencia e participación as clases presenciais, para obter unha avaliación positiva, deberá acollerse a modalidade de avaliación global (realización dun exame na data oficial que se indica no calendario académico). 

Deste xeito e, conforme a normativa vixente, con independencia da a asistencia ou non a clases, o estudantado disfrutará de condicións equivalentes de avaliación. A tal fin, recoméndase que aquelas persoas que teñan previsto non asistir,  se poñan en contacto coa persoa coordinadora da materia antes do inicio das clases presenciais.

AVALIACIÓN EN 2ª CONVOCATORIA: 

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo:

  • No caso de ser estudantado de avaliación continua en primeira convocatoria, poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación positiva indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame sobre o contido da materia.
  • No caso de ser estudantado de avaliación global en primeira convocatoria, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar o exame teórico/práctico (segundo corresponda).

DATAS DE EXAMES: As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na páxina http://dides.webs.uvigo.es

Horario de titorías da coordinadora da materia: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/profesorado/maria-asuncion-lorenzo-rial/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000