Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Aplicación das TIC na innovación educativa
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Aplicación das TIC na innovación educativa Código P02M178V01106
Titulación
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Lorenzo Rial, María Asunción
Correo-e marialorenzo@uvigo.es
Profesorado
Lorenzo Rial, María Asunción
Web
Descrición xeral Esta materia procura dar a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do profesorado, do alumnado e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a nova maneira de ensinar e aprender na escola de hoxe coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras cousas, a usar novos recursos didácticos con base tecnolóxica, como deseñar e elaborar materiais didácticos empregando a tecnoloxía, que estratexias de traballo empregar coas novas tecnoloxías na escola ...
Por último, como mestre/a será necesario que sexas capaz de axudar aos escolares a desenvolverse neste novo ámbito tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o seu lecer e tempo libre, senón tamén para a súa formación como parte dunha cidadanía libre e responsable.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000