Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Metodoloxía de investigación educativa
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
A2 Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo
A3 Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos
A4 Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B1 Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemetno e orientadas ao ben común
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómica e cultural da sociedade
C5 Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas
C6 Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación
C14 Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos
C15 Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, formentando o espíritu crítico, reflexivo e innovador
C18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de adaptación a situacións novas
D3 Traballar de xeito autónomo e con iniciativa
D4 Traballar de xeito colaborativo
D6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares
D7 Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/ou investigador/a
D11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
D12 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
D13 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000