Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  AICLE
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado, organizado en grupos de traballo, desenvolverá un proxecto, que consistira na elaboración dunha secuencia pedagóxica AICLE. O proxecto será entregado na data oficial do exame e avaliado segundo unha grade de avaliación proposta polo profesor na primeira sesión presencial. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C1
C2
C3
C4
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C18
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
Cartafol/dossier O traballo desenvolvido individualmente por cada alumno no seu portfolio até o último día de aulas presenciais será avaliado polo profesor segundo unha grade facilitada ao inicio da actividade lectiva. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C1
C2
C3
C4
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C18
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
Presentación Na data oficial do exame, cada grupo presentará o seu proxecto en lingua inglesa ou francesa. Cada grupo disporá dun máximo de 20 minutos e as presentación serán avaliadas mediante unha grade facilitada no inicio da actividade lectiva. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C1
C2
C3
C4
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C18
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da
facultade.


1. Avaliación en primeira convocatoria 

1.a. Avaliación presencial 

O alumnado deberá realizar e expor oralmente en grupo unha secuencia pedagóxica AICLE, así como completar a ficha de reflexión e avaliación de cada sesión presencial no seu portfolio. A nota final calcularase a partir da suma ponderada (proxexto e presentación 90%, portfolio 10%) das notas obtidas en cada parte. 

1.b. Avaliación non presencial 

O alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao
longo das dúas primeiras semanas de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos
contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha
grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o
alumnado deberá resolver. O tipo de exame e a grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na web da
materia. 

2. Avaliación en segunda convocatoria 

O alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado
como non presentado.
O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia.
O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación
estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá
resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. 

3. Linguas de traballo 

As linguas de traballo da materia serán o francés e o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo
momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa ou inglesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado
poderá empregar calquera das linguas de traballo. Os enunciados dos exames estarán redactados en lingua francesa e inglesa, pero o alumnado poderá realizalo en
calquera das dúas linguas. 

3. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) 

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. 

Fica prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nun proxecto ou nun exame poderá
supor a invalidación dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000