Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Deseño de proxectos interdisciplinares
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Atender as necesidades e consultas do alumnado en equipo cooperativo relacionadas coas temáticas relacionadas coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Desenvolverase presencialmente na aula.
Traballo tutelado Axudar ao alumnado en pequeno grupo e orientalo no desenvolvemento dos traballos a realizar en aula dentro da materia.
Presentación Proporcionar axuda ao alumnado en pequenos grupos, en equipos ou individualmente tanto en aula como fóra delas sobre o desenvolvemento e presentacións
Traballo tutelado Orientar ao alumnado no desenvolvemento de traballos tanto individualmente como en equipo cooperativo e resolver as dúbidas a nivel individual ou grupal que xurdan neste tipo de tarefa.
Debate Axudar ao alumnado en pequeno grupo.
Seminario Axudar ao alumnado no desenvolvemento de actividades experimentais na aula tanto individualmente como en equipo cooperativo e resolver as dúbidas a nivel individual ou grupal que xurdan.
Probas Descrición
Cartafol/dossier Carpeta ou arquivador ordenado que contén o rexistro das actividades realizadas polo alumnado durante as sesións presenciais, con comentarios e valoracións que permitan visualizar o seu progreso.
Traballo Tarefa autónoma asesorada polo profesorado que permita amosar os coñecementos e procedementos adquirdos sobre o deseño de proxectos interdisciplinares para a aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000