Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Análise de experiencias interdisciplinares
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
En caso de que as aulas se impartan a través da modalidade mixta ou non presencial, mantéñense as mesmas metodoloxías docentes a través da plataforma do Campus Remoto e de Moovi.

- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O alumnado será atendido no horario de titoría a través do correo electrónico e da plataforma do Campus Remoto, neste caso, con previa cita.

- Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos serán os mesmos en calquera das modalidades de docencia.

- Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A través de Moovi, poñerase a disposición do alumnado o material imprescindible para o desenvolemento do proceso ensino-aprendizaxe.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
En función do momento no que o desenvolvemento ordinario da aulas se vexa alterado, explicaranse e expoñeranse nos espazos que proceda, e seguindo as indicacións que se reciban, as modificacións que experimenten as probas, traballos etc. e as porcentaxes de valoración.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000