Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  A contorna como recurso educativo
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo
A3 Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos
A4 Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B1 Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o exercio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinarias no ámbito educativo
C3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de xeito sistemático propostas interdisciplinarias en distintos contextos educativos
C8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio
C18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social
D3 Traballar de xeito autónomo e con iniciativa
D4 Traballar de xeito colaborativo
D5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinarios e interdisciplinarios
D6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares
D9 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
D10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000