Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
C1 Saber actuar como representantes do promotor do proxecto en todos os ámbitos de actuación do Director de Proxecto ou Project Manager.
C19 Capacidade para a redacción do proxecto así como para a súa comunicación de forma convincente, clara, concisa e sen ambigüidades
C22 Hábitos de excelencia e compromiso ético no exercicio profesional do Project Manager.
D1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
D4 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
D5 Valorar de forma crítica o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
D6 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
D7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
D8 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000