Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Capacidade de Organización e Planificación |
B3 |
Capacidade de Traballo en equipo |
B4 |
Capacidade de procura, análise e selección de información relevante |
B5 |
Capacidade de utilización e xestión da información |
B6 |
Orientación aos resultados |
B8 |
Capacidade de comunicación e motivación |
B9 |
Capacidade para a resolución de problemas |
B10 |
Capacidade para a toma de decisións |
B11 |
Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinar |
B12 |
Capacidade para traballar nun contexto internacional |
C1 |
Saber actuar como representantes do promotor do proxecto en todos os ámbitos de actuación do Director de Proxecto ou
Project Manager. |
C12 |
Capacidade de planificar, executar e controlar a xestión do custo do proxecto |
C21 |
Capacidade para xestionar a obtención do resultado acorde aos criterios de prazo, custo e calidade, e do cliente |
C22 |
Hábitos de excelencia e compromiso ético no exercicio profesional do Project Manager. |
D4 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
D5 |
Valorar de forma crítica o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse. |
D7 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
D8 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |