Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  Análise do Rendemento nos Deportes
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Como consecuencia do COVID-19 e de acordo coas medidas extraordinarias e urxentes en caso de crise sanitaria, aprobadas polo Consello de Goberno do 12 de xuño de 2020 e da Resolución Reitoral do 17 de xuño de 2020 para o seu implementación, elaborouse unha instrución desde a VOAP para a elaboración das guías docentes.

En base a iso, a docencia desta materia para o curso 2023/2024 en caso de rebrote do COVID-19 será mediante modalidade semipresencial, na que nin o profesor nin o alumnado asisten á aula de forma física, salvo nas sesións prácticas. As clases teóricas levasen a cabo por campus remoto e mediante a plataforma moodle. Chegado o caso activaríase esta modalidade mediante RR.

Mantéñense os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos

A metodoloxía docente neste caso basearase fundamentalmente na aprendizaxe inversa "Flipped Learning" en substitución das outras metodoloxías, onde o estudante traballará de forma autónoma os documentos facilitados polo profesor a través da plataforma de teledocencia Faitic (Moovi) e nas clases presenciais virtuais exporanse e resolveranse os problemas, dúbidas e carencias detectadas polo estudante e polo profesor.

O sistema de avaliación será o mesmo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000