Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  Deseños Observacionais Aplicados á Investigación no Deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valorarase o desenvolvemento dun caso práctico mediante a entrega dun traballo tutelado obrigatorio. 40 B1
B2
B4
C7
C8
D1
D2
D3
D4
Resolución de problemas Valorarase o desenvolvemento das tarefas expostas para desenvolver na aula 20 B1
B2
C7
C8
D4
Lección maxistral Realizarase un control de asistencia ás mesmas. 10 B1
B4
C8
D1
Exame de preguntas obxectivas Valorarase o exame tipo test 0 B1
B4
C7
C8
Presentación Valorarase a defensa do caso práctico desenvolvido no traballo tutelado obrigatorio 30 B1
B2
B4
C7
C8
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os criterios de cualificación arriba indicados son para o estudantado que asista polo menos ao 80% das sesións, e que por tanto pódeselle realizar unha AVALIACIÓN CONTINUA

Para o estudantado que NON asista ao 80% das sesións (AVALIACIÓN GLOBAL OU NON CONTINUA), co fin de poder optar á máxima cualificación, os criterios de cualificación serán os seguintes:

- Desenvolvemento dun caso práctico mediante a entrega e defensa dun traballo tutelado: 70%

- Exame tipo test: 30%.

As datas oficiais dos exames poderanse consultar na web do máster "Docencia. Exames".

Se non se supera a materia, o estudantado será avaliado na convocatoria de xullo mediante o sistema de avaliación GLOBAL ou NON CONTINUA.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000