Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  A Comunicación Científica e Fontes Documentais nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A presenza dos/as estudantes na aula durante a impartición dos contidos do tema 2, "A comunicación científica", terase en conta porque durante as sesións proporanse tarefas e debates nos que só poderán participar si están presentes. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
C4
C5
C6
C14
C15
C16
D1
D2
D3
D4
Resolución de problemas Analizar un artigo, detectar as diferenzas na elaboración dos diferentes apartados e propor unha alternativa aos mesmos. Redactar o borrador dun artigo e seleccionar as revistas indexadas máis adecuadas para o seu sometemento. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
C4
C5
C6
C14
C15
C16
D1
D2
D3
D4
Traballo tutelado Traballo práctico onde se apliquen os contidos relativos ás fontes de normalización bibliográfica o uso de base de datos científicas e a xestión da bibliografía. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
C4
C5
C6
C14
C15
C16
D1
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas No Tema 1: Consistirá nunha proba práctica na que o alumnado deberá responder (e incluír capturas de pantalla) a cuestións relacionadas cos contidos do tema.

No Tema 2: Consistirá nun cuestionario tipo test sobre os contidos teóricos e prácticos e sobre a súa aplicación en situacións simuladas.
20 A1
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os textos e probas presentaranse ao alumno redactados no idioma de impartición da materia (castelán). Se algún alumno desexase unha copia do mesmo noutro idioma oficial da UDC deberá solicitalo ao profesor coordinador unha semana antes da data da súa realización.

Todo o exposto con anterioridade será de aplicación tanto para o alumnado con dedicación a tempo completo como para aquel con dedicación a tempo parcial. No caso da Sesión Maxistral (metodoloxía de avaliación que require asistencia), o alumno/a con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia traspasarase o 10% da avaliación á proba obxectiva, que pasará a ponderar un 30% nestes casos.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria e respecto á materia na que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000