Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos Derivadas do Contexto Socio-Cultural
   Competencias
Código Descrición
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu área de estudo.
CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG2 Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre evaluación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia.
CG3 Diseñar sistemas de asesoramento e de intervención educativa tendo en conta a resposta organizativa do centro, as metodoloxías e as TIC para a inclusión escolar, así como o deporte adaptado, a actividade física para persoas con distintas discapacidades, o exercicio físico, a saúde e a calidade de vida.
CG4 Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos.
CE1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
CE3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse cas súas necesidades educativas especiais.
CE4 Xerar destrezas para aprender a diseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
CE5 Aprender a colaborar cos servizos psicopedagógicos e de orientación familiar, promovendo a mellor resposta educativa.
CE6 Saber evaluar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
CT1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade más xusta e igualitaria
CT4 Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade.
CT6 Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración.
CT7 Comunicar con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, tanto a persoas non expertas como a outros especialistas, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnologías da información e da comunicación.
CT9 Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000