Código |
Descrición |
CB2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu área de estudo. |
CB3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
CB4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
CB5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
CG2 |
Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre evaluación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia. |
CG3 |
Diseñar sistemas de asesoramento e de intervención educativa tendo en conta a resposta organizativa do centro, as metodoloxías e as TIC para a inclusión escolar, así como o deporte adaptado, a actividade física para persoas con distintas discapacidades, o exercicio físico, a saúde e a calidade de vida. |
CG4 |
Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos. |
CE1 |
Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante. |
CE2 |
Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe. |
CE4 |
Xerar destrezas para aprender a diseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida. |
CE5 |
Aprender a colaborar cos servizos psicopedagógicos e de orientación familiar, promovendo a mellor resposta educativa. |
CT1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade más xusta e igualitaria |
CT2 |
Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. |
CT3 |
Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
CT4 |
Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade. |
CT6 |
Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración. |
CT8 |
Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad. |
CT9 |
Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético. |