Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo
 Materias
  Alto Rendemento Deportivo: Os Paralímpicos
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe.
A3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais.
A4 Xerar destrezas para aprender a deseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado ou paralímpico e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
A5 Aprender a colaborar cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, promovendo a mellor resposta educativa.
A6 Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
B2 Ser quen de sintetizar e integrar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención para aplicalos en contextos sociais e de aprendizaxe do estudante, conforme ás necesidades de apoio das persoas con necesidades específicas, así como a promoción da actividade física tendo en conta a poboacións especiais, fomentado melloras na súa saúde e calidade de vida, desde a intervención para a atención á diversidade sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidade para todos.
B3 Desenvolver e saber comunicar adecuadamente o resultado dos seus programas de asesoramento e de intervención educativa coas familias de persoas con dificultades de aprendizaxe e desenvolvemento, fomentado a participación como unha metodoloxía para a integración, e estimulando a realización de proxectos que, tendo en conta os valores democráticos da sociedade europea actual, inclúan as Tics, o deporte adaptado e a actividade física para persoas con distintas capacidades.
B4 Saber xeneralizar a distintos contextos e situacións o coñecemento e as destrezas adquiridas e continuar estudando en gran medida de modo autónomo como procura de solucións e alternativas ás cuestións expostas, axustando as habilidades pertinentes de aprendizaxe autodirixida, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas que supón a atención á diversidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000