Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo
 Materias
  Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Intelectual
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo) delimitando os ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
A3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais.
A4 Xerar destrezas para aprender a deseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado ou paralímpico e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
A6 Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
B1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicolóxicos, das dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento, a través de respostas axustadas de tipo organizativo, curricular e social dos centros educativos e os servizos de apoio, incluíndo a actividade física para poboacións especiais.
B2 Ser quen de sintetizar e integrar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención para aplicalos en contextos sociais e de aprendizaxe do estudante, conforme ás necesidades de apoio das persoas con necesidades específicas, así como a promoción da actividade física tendo en conta a poboacións especiais, fomentado melloras na súa saúde e calidade de vida, desde a intervención para a atención á diversidade sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidade para todos.
B3 Desenvolver e saber comunicar adecuadamente o resultado dos seus programas de asesoramento e de intervención educativa coas familias de persoas con dificultades de aprendizaxe e desenvolvemento, fomentado a participación como unha metodoloxía para a integración, e estimulando a realización de proxectos que, tendo en conta os valores democráticos da sociedade europea actual, inclúan as Tics, o deporte adaptado e a actividade física para persoas con distintas capacidades.
B4 Saber xeneralizar a distintos contextos e situacións o coñecemento e as destrezas adquiridas e continuar estudando en gran medida de modo autónomo como procura de solucións e alternativas ás cuestións expostas, axustando as habilidades pertinentes de aprendizaxe autodirixida, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas que supón a atención á diversidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000