Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte. Debuxo
 Materias
  Estratexias Didácticas II: Autoavaliación, Crítica e Análise
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, diagnostico como punto de partida.
Presentación da materia e proxectos que se expoñen ao alumno.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices do traballo a desenvolver polo alumno
Estudo de casos/análises de situacións Análise de contidos da materia, coa finalidade de interpretalos, esquematizarlos, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos e expor hipóteses .
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación de coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través do TIC de maneira autónoma.
Debates Charla aberta entre grupos de estudantes.
Centraranse os temas de contidos da materia, análise de casos, o resultado dos proxectos, análises dun tema exposto previamente nunha lección maxistral.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre a creatividade, o proceso creativo,o proceso de aprendizaxe e que permite enfocar os contidos da materia. Como complemento das clases teóricas.
Obradoiros Actividades enfocadas a adquisición de coñecementos e habilidades a través da manipulación de instrumentos sobre unha temática concreta . As actividades desenvólvense individualmente ou en grupo dunha forma autónoma.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades nas que se formulan cuestións relacionadas coa planificación docente. Os alumnos deben desenvolver as solucións adecuadas e concretas mediante os procedementos e técnicas educativas.
Traballos de aula Os estudantes desenvolven proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor.
Este traballo realizásese dunha forma autónoma.
Presentacións/exposicións Exposición por parte dos alumnos ante o docente e o grupo de compañeiros dun tema sobre a materia ou dos resultados dun proxecto ou dun traballo realizado.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Proxectos Realización de actividades que estuden o proceso creativo, o proceso educativo e que permiten a cooperación de varios alumnos cos seus distintos coñecementos e puntos de vista, traballando en equipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000