Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Estratexias Didácticas II: Autoavaliación, Crítica e Análise
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Grupos de discusión, e debates sobre os contidos dos diferentes temas da materia.
Observacion sistemática
20 B12
B14
C7
D1
D2
Aprendizaxe baseado en proxectos Elaboración por parte do alumnado de propostas baixo as directrices e supervisión do profesor/a. 40 B14
B17
B18
C6
C7
C9
C12
C13
D1
D2
D3
Traballo tutelado Elaboración de documentos e/ou propostas, por parte do alumnado sobre a temática da materia. Investigacións memorias, ensaios, resumes etc. Inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... 40 B12
C6
C7
C8
C10
C13
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado que
siga a avaliación continua:

O alumnado que siga a
avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas
para poder ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia
obrigatoria.

Os traballos
entregaranse na aula e subiranse á plataforma de teledocencia (Moovi) segundo o
calendario que se estableza.

Aquel alumnado que
non supere algunha das probas ou actividades que son obxecto de avaliación
poderá recuperalas na convocatoria de xullo.

Alumnado que
siga a avaliación global:

No caso de que
algunha alumna ou alumno non poida seguir a avaliación continua terá que
superar unha proba escrita sobre os contidos teóricos expostos na sesións
maxistrais o que lle dará acceso á valoración do resto de traballos. Recoméndase contactar na primeira semana das clases cos docentes da
materia para coñecer en detalle os traballos e exercicios a entregar.

SEGUNDA CONVOCATORIA

No caso do alumnado
que aínda asistindo regularmente a clase e realizando as entregas parciais non
logren superar a materia deberá presentar na segunda convocatoria so aqueles
traballos ou exercicios nos que non alcanzasen a nota mínima de 5.

 

No caso de que
algunha alumna ou alumno non poida seguir a avaliación continua terá que
superar unha proba escrita dos contidos teóricos expostos na sesións maxistrais
o que lle dará acceso á valoración do resto de traballos. O alumando que siga a avaliación global deberá contactar na primeira semana das clases cos docentes para
coñecer en detalle os traballos e exercicios a realizar.

 

As titorías
realizaranse tanto de forma presencial como por medios telemáticos (despacho
virtual / campus remoto) baixo a modalidade de concertación previa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000