Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Será realizada por cada alumno ou alumna diante dun tribunal.
A súa exposición será apoiada cos medios informáticos, audiovisuais, multimedia/et.
oportunos, cunha duración entre 8 e 10 minutos e posteriormente o tribunal formulará ao alumno as
cuestións que considere oportunas.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
-O alumnado será quen de planificar e avaliar as materias correspondentes á especialización.
-O alumnado será quen de dominar destrezas e habilidades sociais, así como demostrar un bo dominio da expresión oral e escrita, necesarios para fomentar un bo clima de aprendizaxe.
-O alumnado será quen refelxionar sobre a súa práctica docente así como propoñer accións de mellora

30 C26
D1
D2
Traballo tutelado Realización dun traballo de investigación, experimentación ou
desenrolo orixinal nalgunha das liñas desenvolvidas no módulo específico do Mestrado, relacionado
con algúns dos múltiples ámbitos do mundo profesional propios do ámbito do ensino secundario.
Encamiñarase ao desenvolvemento dunha actividade que contribúa a acadar un conxunto de competencias de carácter académico, profesionalizante e investigador que enriqueza globalmente a súa formación inicial. Será guiado por unha persoa docente da universidade. Este traballo estará
encadrado na etapa da educación secundaria obrigatoria ou postobrigatoria.
O traballo de fin de mestrado poderá estar ligado ás actividades de aula, unidades didácticas ou proxectos realizados polo alumnado na fase de prácticas, incluíndo sempre os aspectos de investigación educativa pertinentes a xuízo da persoa titora da universidade.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
-O alumnado será quen de planificar e avaliar as materias correspondentes á especialización.
-O alumnado será quen de dominar destrezas e habilidades sociais, así como demostrar un bo dominio da expresión oral e escrita, necesarios para fomentar un bo clima de aprendizaxe.
-O alumnado será quen refelxionar sobre a súa práctica docente así como propoñer accións de mellora

70 B6
B12
C26
C27
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:


Comisión para xulgar o Traballo Fin de Mestrado : elaboración, presentación e defensa do TFM: 100% da nota
  • Calidade do documento escrito 
  • Pertinencia do contido exposto. 
  • Calidade da presentación oral. 
  • Capacidade para a súa defensa. 
  • Grao de resolución manifestado.
  • Adecuacións do recursos e medios empregados na presentación, incluído o uso das TIC.  

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000